Prácticas de xeografía aplicadas a Galicia. Se son de utilidade, podes ir a www.slidesharenet, rexistrarte e descargalas
lunes, 24 de diciembre de 2012
O volcán copahue en erupción
O volcán Copahue, na rexión do Bio Bio(Chile) en plena cordilleira dos Andes limitando con Arxentina entróu en erupción. A zona, turística,evacúa á xente . A nova no xornal El deber. Xa hai un vídeo da erupción que amosa a zona. Hoxe, 25 de decembro, os xornais da zona veñen de novas: o portal prensalibre , no xornal Clarin , La Nación en Arxentina, e en chile, xa que o volcán está nunha zona limítrofe cós dous países, La Tercera. En Europa, a BBC e xornais como La Voz de Galicia publican a nova
domingo, 23 de diciembre de 2012
O Hubble descubre a galaxia máis antiga..ate hoxe
O telescopio Hubble segue a dar sorpresas, agora nunhas fotos vemos a galaxia máis antiga e lonxana . A edade da galaxia é de 13.300 millóns de anos.
domingo, 16 de diciembre de 2012
Un gran río en Titán
Titán, a lúa de Saturno grada equenas sorpresas no interior. Unha delas, descuberta polos científicos da misión Cassini é este río que desemboca nun gran mar que existe na cara Norte da lúa
miércoles, 5 de diciembre de 2012
O nivel do mar aumenta 11 milímetros
As consecuencias do cambio climático saltan á luz. Equipos de todas as universidades miden as consecuencias do desxeo nunha suba de 11 milímetros no nivel do mar
domingo, 2 de diciembre de 2012
Auga xeada en Mercurio
As investigacións no Sistema solar non cesa. Agora tócalle o turno á sonda Messenger da NASA que atopóu , na búsqueda de novas formas de vida, auga xeada en Mercurio. O xornal ABC tamén recolle a nova
O Cañón do Colorado é máis antigo?
A ciencia atopa novas evidencias e, de vez en cando, discute. O Cañón do colorado, un dos símbolos dos Estados Unidos de América seica tén 64 millóns de anos máis,ate os 70 millóns, segundo un estudio publicado na revista Science . Á espera de novos datos que o confirmen, toda a información aquí.
viernes, 30 de noviembre de 2012
o Curiosity atopa evidencias de vida en Marte?
A viaxe do Curiosity segue a dar que falar. Seica atopóu evidencias de vida en Marte. Toda a explicación da NASA aquí
A supertormenta de Saturno
As viaxes da NASA seguen a desvelar segredos. A Sonda Cassini captóu, durante o inverno de 15 anos unha tormenta en Saturno que raramente se pode ver. Aquí a imaxe e a información na web da NASA
miércoles, 21 de noviembre de 2012
Un planeta trece veces máis grande que Xupiter e visible a simple vista o Kapa Andromeda B ven de ser descuberto por un grupo de astrónomos, situada a unha distancia similar á de Neptuno do Sol respecto da súa estrela. O número de planetas segue a aumentar, ofociosamente á espera do seu recoñecemento oficial.
un posible novo tipo de planetas.
Os avances científicos, que fai pouco renovaron a lista de planetas do Sistema Solar, acaban de descubrir un novo planeta que pertencería a un novo tipo de planetas: os solitarios, expulsados do Sistema solar e con vínculos con él. Segundo eles podería se constituir na categoría de p`lanetas errantes.
martes, 13 de noviembre de 2012
Os ollos do Guadiana e as Tablas de Daimiel volven a ter auga.
Despois de 25 anos, o Guadiana volve a ter a xeografía que tiña: Os ollos con auga e nas Tablas de Daimiel cada vez hai unha maior superficie ocupada. As constantes choivas e unha explotación razoable fixeron o miragre. Por unha vez, as administracións tiñan razón
domingo, 28 de octubre de 2012
Parecidos entre o suelo de Marte e o de Novo México
Despois de moito investigar, o Curiosity atopou semellanzas na composición dos solos de Marte e os lodazais de Novo México(USA)
domingo, 21 de octubre de 2012
Outra hipótese sobre a formación da Lúa
A formación da Lúa tén outra teoría: Seica un choque entre a terra e Theia daría lugar ó satélite: Agora só queda probalo
O Curiosity atopa novo material e o analiza in situ
O curiosity non deixa de avanzar. Recolle mostras de material brillante, e o seu laboratorio as analiza, nunha nova mostra da complexidade tecnolóxica que alberga nel. Aquí a nova na web da NASA
domingo, 14 de octubre de 2012
O curiosiy atopa unha pedra distinta en Marte
O Curiosity segue a recompilar datos e experiencias: Agora deu cunha pedra de composición semellante ás rochas volcánicas terrestres... en Marte. Tamén seica atopou o primeiro resíduo que aparece en Marte. e os detalles na web da NASA
domingo, 30 de septiembre de 2012
O Ártico tamén se desxea
O Verán segue a ser perxudicial para o Artico. Unhas imaxes captadas polos satélites da Nasa mostran o maior desxeo que nunca se viu. Tanto que se podería abrir nas próximas décadas unha ruta para barcos en agosto.
O curiosity atopa pegadas de auga en Marte
No decurso da súa viaxe por Marte, o Curiosity , aquí na web da NASA, atopou restos de correntes de auga antigas, con gravilla, signos do fluir da auga. Tamén sabemos algo máis da aportación internacional, neste caso española a este proxecto
jueves, 20 de septiembre de 2012
A antártida desseáxe máis
Os xeos da antártida acadaron o mínimo histórico e perderon unha superficie maior cá da Península Ibérica ¿Nun paso máis cara o desxeo total
O curiosity comeza a analizar rochas en Marte
Despois de probar todos os instrumentos, o curiosity bota a andar e a analizar cousas, como esta rocha para identificar a súa composición. a NASA difunde as imaxes e a súa ruta
martes, 11 de septiembre de 2012
O curiosity avanza por Marte un mes despois
A misión do Curiosity avanza. en todos os sentidos. Desplazouse 109 metros para estudiar todo, e agora parou para aprender a usar os seus aparellos. Nesta aprendizaxe, onte fotografou as súas rodas e o seu brazo robot.
As illas de Santorini(Grecia) máis altas e longas
Os mares teñen cordilleiras e algunhos, como o Mediterráneo, volcáns, de onde xorden as illas volcánicas. Se están habitadas ou preto de áreas moi habitadas teñen que estar vixiadas para previr riscos.A actividade é constante. Esto é o qie pasóu coas illas Santorini. Nun episodio sísmico investigado pola ESA (Axencia Espacial Eiropea), a súa superficie e altitude aumentaron. Todavía é cedo para saber si a superficie da illa vai aumentar máis ou non,séguese a investigar.
viernes, 7 de septiembre de 2012
A Sonda da NASA Dawn viaxa cara Ceres
As misións da NASA non se limitan ó Curiosity. A Sonda Dawn acaba de deixar o asterioide Vesta e viaxa cara a Ceres, un dos tres novos planetas enanos admitidos no Sistema solar fai pouco tempo. Esta misión permitirá, cando alcance Ceres no 2.015, coñecer máis da formación do noso Sistema Solar
Mars Express estudia Marte
Marte é un dos planetas máis estudidos. Agora, a Mars Express, estudia un cráter , o Hadley, para sabermos máis sobre a xeoloxía do planeta O Cráter está situado entre as terras altas e as chairas e presenta bastantes signos da erosión. Estes estudios, realizados pola Axencia Espacial Europea(ESA) complementarios ós do Curiosity, permiten coñecer un pouco mellor ós nosos veciños do espacio
jueves, 30 de agosto de 2012
Outro sistema novo no espacio
O espacio non deixa de dar sorpresas.Rematamos de coñecer que se decubriu un sistema con dous planetas orbitando arredor del. un deles do tamaño do Sol e o outro máis pequeno a 5.000 anos luz da terra.
A semana do Curiosity (23-30 agosto)
Esta semana o Curiosity andivo moi ocupado: analizou o que iba a observar e seguiu tomando fotos, esta vez en alta definición . E , como sempre, aquí dende a web da NASA, o seu primer paseo e a primeira voz dende o espacio(pulsando a descargar)
jueves, 23 de agosto de 2012
O Curiosity aprende a andar en Marte
Unha vez situados e fotografado a zona, chegóu o momento de traballar: O curiosity extende o brazo, pasea, saca unha foto , é un dicir e toma a temperatura da zona, -11 º Centígrados. Aquí na web da NASA
lunes, 20 de agosto de 2012
España en Llamas
En España a información sempre foi moi difícil, sobre todo se non é favorable ó goberno, por eso é de destacar e de apreciar esta web chamada España en llamas creada artesanalmente por un enxeneiro sobre os incendios forestais da última década
incendio en la Gomera
Mentres estabamos de vacacións declarouse un incendio en La Gomera que, pola súa peculiar orografía avanzou pola illa e obrigou a desaloxar veciños As estimacións din que máis do 10% ardeu . Aquí temos a galería de imaxes e aquí un maravilloso programa de Informe Semana da Televisión Española sobre o fuego
Etiquetas:
A terra,
Erosión,
españa,
física,
Garajonay,
Illas Canarias Hierro,
Incendios forestais,
La Gomera,
Parques nacionais,
ríos medio ambiente,
Seca,
xeografía física
unha presa en Brasil parada polos indios
En Brasil os indios teñen, en teoría, moito poder. Ata que entran en xogo os intereses do desenvolvemento humán. unha presa foi parada para escoitar ós indios, segundo dí a constitución do Brasil. Segundo din os xuices, o congreso favoreceu á empresa en contra das persoas. Temos a nova da suspensión publicada na Folha de Sao Paulo , a decisión de manter as obras ate a notificación oficial, e a apelación ó paro que xustifica a empresa para manter as obras. Aquí a nova no xornal O Globo, e aquí na web da BBC
domingo, 19 de agosto de 2012
O Curoisity en Marte. Episodio II
O Curiosity segue a traballa en Marte: Primeiro enviando as imaxes en córes, as primeiras. E tamén xa se lle están a dar os primeiros traballos científicos: unha mezcal de terreos e unha rocha. Así se ve na web da NASA
jueves, 9 de agosto de 2012
Curiosity: Fotos panorámicas.
Xa tenos aquí a primeira vista panorámica de Marte dende o Curiosity do cráter marciano onde aterrou. Tamén temos o primeiro autorretrato, dende a web da NASA
martes, 7 de agosto de 2012
Curiosity comeza a traballar
Pasou un día da estancia de Curiosity en Marte e xa comeza a traballar: Temos a primeira imaxe a cores, o vídeo dos sete minutos de terror, e do crater onde amarou . Tsmén temos o vídeo da amaraxe e podemos ver o vídeo que estivo bloqueado en Youtube polas visitas. Tamén novas da contribución española. E napáxina da Nasa, en inglés, a nova da amaraxe e o vídeo tal e como o ven eles
lunes, 6 de agosto de 2012
A curiosity amarizou( aterrou en Marte)
Pois sí, despois de moitos anos e moitas misións, de superar os sete minutos do terror, de non poucas complicacións, o curiosity chegou hoxe, ás 7.32 hora peninsular española a Marte.Para elo, tuvo que superar os sete minutos de terror onde se podía perder a misión, retransmitidos en vídeo pola NASA e contados polos xornais españois como El País nun gráfico. Unha das cousas que investigará son as posibilidades para a vida humana ou animal . Ainda que pareza mentira, non é a primeira vez que se chega e lembramos outras misións a Marte e temos unha conversa coa deseñadora do primeiro vehículo americano que andivo por Marte. Esta é a nova do ABC e a na web da NASA. e da Axencia espacial europea E aquí unha galería da amaraxe
jueves, 2 de agosto de 2012
A Antártida paraíso tropical... fai 52 millóns de anos
As investigacións na Antártida continúan a dar sorpresas. Agora se sabe que non sempre estivo xeada. Había palmeiras, baobas, vexetación tropical, e vales profundos, síntoma da evolución do clima, por causas naturais
miércoles, 25 de julio de 2012
Antártida sen xeo na superficie en verán.
A Antártida, unha das maiores reservas de xeo do planeta, case queda sen él na superficie polo verán. Foron os técnicos da Nasa os que o descubriron, e agora están a estudiar as causas e as consecuencias.
lunes, 23 de julio de 2012
Gliese 581g: Un novo exoplaneta
o catálogo dos exoplanetas tén un novo inquilino: Gleise 581G, que fora descuberto no 2.010 e deixara de emitir, voltóu este ano. Por eso, no catálogo da Universidade de Porto Rico, volveu a se incluir. Na web da NASA tedes a imaxe do sistema Gliesee a comparación có Sistema Solar
viernes, 20 de julio de 2012
Un novo exoplaneta
No Ceo hai multitude de estrelas e non todo está decuberto. Recentemente se cambiou o sistema solar, e xoxe a NASA informou do descubrimento dun exoplaneta, máis pequeno cá terra fóra do sistema solar e a 35 anos luz
Un Glaciar na antártida rompe
Consecuencias do cambio climático ou non, un glaciar racha na Antártida.Ou, para ser máis exactos, este glaciar o doble do tamaño de Manhatan rachóu o 17 de xullo . A Novidade é que a NASA fotagrafou toda a secuencia. sobran as palabras.
sábado, 14 de julio de 2012
Icebergs en Galicia hai mil anos.
O planeta pasou por numerosas fases para a súa formación. Pasamos periodos de frío con calor e mesmo glaciares. Un equipo atopou probas de que en Galicia existiron e mesmo se pasearon.
viernes, 13 de julio de 2012
A auga da terra veu do sistema solar?
A orixe da auga na terra sempre foi unha incógnita. Os científicos estudaron a súa procedencia, e porqué noutros planetas non a hai. Agora, un grupo semella que atopou probas da súa procedencia do Sistema Solar nun grupo de asteroides entre Marte e Xúpiter. De se conformar faltaría aclarar cómo se transportou ata o noso planeta.
llamarada solar sobre a terra.
O sol é un corpo en movemento. Mañám , unha gran llamarada solar chegará sovbre a terra mostrando que O Sol se move e non está quiet. O único problema seica poden ser os satélites que están no seu redor.
jueves, 5 de julio de 2012
Tormentas solares
Unha vez máis o avance da ciencia permite observar as llamaradas solares, que ocasionan problemas nas comunicacións e demostran que o Sol é un organismo vivo
sismos submarinos en Hierro (Canarias)
As illas Canarias son volcánicas, e todas xurdiron de erupcións no fondo do mar. O ano, na denominada dorsal submarina vai botando lava á superficie, provocando micro terremotos ate que sae á superficie. Na isla de Hierro detívose ate agora, en que comezan os terremotos. Esta é a nova de Canarias7, un dos xornais canarios. Outra evidencia da reactivación é esta mancha blanca con burbullas atopada hoxe
Etiquetas:
a auga,
A terra,
españa,
física,
Illas Canarias Hierro,
terremoto,
Vulcanismo,
Xeomorfoloxía
Ubicación:
Mugardos, España
lunes, 25 de junio de 2012
O sistema Kepler 36
hoxe, dende o sistema solar, traemos, outro sistema, o Kepler 36, que está formado por dous planetas que teñen unha órbita moi próxima e non choca, descubertos fai pouco a 1.200 anos luz da terra
Erupción volcánica no século XIII
As grandes erupcións poden provocar cambios a novel global na terra. Poden quentar e mesmo enfriar a terra. Agora, un investigador atopou evidencias dunha no século XIII que variou a temperatura
o río Tajo na UVI
O río Tajo é o principal dos nosos ríos. O progreso e o descuido seica remataron coa vida nel. de bañarse xa non soñar, agora ademáis hai unha mortandade animal bastante grande. Neste artigo con miles de peces mortos dan a voz de alarma para a súa salvación?
domingo, 24 de junio de 2012
haia auga na lúa.
Desde sempre o ser humano busco a forma de vivir noutros sitios, para ver si non estaba sólo. O enigma de porqué este é o único planeta habitado non se resolveu ate hoxe. Neste proceso, po achádego de auga é crucial. Hai uns día, na lúa atoparon auga xeada, e pode ser que se estableza a vida alí. Pode ser o principio.
miércoles, 20 de junio de 2012
A cumbre de río + 20
hoxe comeza o, ata hoxe, derradeiro intento por salvar o planeta, a cumbre de Río + 20. e tódolos xornais ofrecen documentos para analizala e que no se convirta nun fracaso máis. Aquí temos en primeiro lugar o documento de mínimos que sempre termina sendo de máximos, o especial de El País onde intenta centrar as aspiracións e a realidade do cumio, a valoración económica do cumio, e as negociacións previas para chegar a acordos no cumio
domingo, 17 de junio de 2012
Enerxía eólica mariña
As fontes de enerxía renovables están en expansión. Unha das mellores, coas debidas condicións atmosféricas e de vento é a do mar. O Problema é de impacto visual, de ética e outros máis que virán. Mentres en España se fan probas, temos este exemplo de Iberdrola, unha das companías máis importantes de Europa. E aquí, unha explicación do seu funcionamento e das vantaxes.
domingo, 10 de junio de 2012
O tránsito de Venus
Na órbita dos satélites, ás veces se interpoñen entre a Terra e o sol ó formar parte dun mesmo sistema. Ese foi o caso de Venus, que foi recollido por todos os xornais como corresponde a un acontecemento que non se repetirá ate o século que ven. Aquí o vemos nas webs de El País, na do ABC, con vídeo incluido. Na web da Axencia Espacial europea , e a nova na web da NASA en inglés
jueves, 17 de mayo de 2012
O lago das Pontes
A que foi unha das maiores minas a ceo aberto de España, a de As pontes, finalizou a súa etapa e, despois de encher o oco con auga, onte se ignauguróu o que será o maior lago de España, e un exemplo de recuperación de espacios. Os que vivimos cerca da mina todavía lembramos como se desviaba a estrada e se ocupaban as terras para explotar o lignito Agora, é o tempo sos usos e da súa definición e conservación. Lóxicamente os xornais galegos levan a nova en espacios preferentes. Unha escolma : El correo Gallego, con vídeos, La voz, cunha vista da central e o lago, a publicada en La Opinión A Coruña, que conta a historia da mina e o lago, tamén con fotos que permiten ver o proceso, mesmo de enchemento do lago. E o vídeo de V Televisión onde vemos cómo era a mina antes, e os usos que se lle queren dar. Na prensa madrileña, en ABC , o principio alá polo 2.004, e o final do proceso.
domingo, 6 de mayo de 2012
Fragas do eume: un mes despois.
Despois do incendio e a época das choivas, que supostamente axudan a rexenerar a zona calcinada, se non son fortes, chega a hora do balanzo. Hoxe, os xornais galego fan recapitulacións.O Diario de Ferrol, o máis próximo ás fragas, estudia o estado do Plan de Xestión. E La voz de Galicia trae este vídeo de V televisión temos as opinións dos veciños, ás veces os grandes perxudicados
miércoles, 25 de abril de 2012
A cicloxénese Petra
Hoxe Galicia e o Norte de España veu de ter a derradeira ate hoxe, cicloxénese, un fenómeno, que se da cando a poresión descedende de súpeto e moi pronto. Ainda que pareza mentira, está a se convertir en habitual, aquí vemos a historia das últimas en Galicia
martes, 24 de abril de 2012
o funcionamento do Jet Stream
A parte norte de España en xeral e Galicia en particular alterna días de chuvia e de seca, o ciulpable é o jes stream a coreente responsabel de que chova ou se alternen períodos de seca como ate fai pouco. Neste video podemos ver como funciona
sábado, 21 de abril de 2012
O Sahara, a maior reserva subterránea de auga.
A terra nunca foi como agora a coñecemos. Hai millóns de anos na zona de Sahara había auga con lagos, vexetación de sabana e animais que; , e coa evolución se quedou en deserto. Pero, fai 5.000 anos, quedaron reservas de auga suficientes para abastecer a toda Africa, como síntoma do pasado que algún día fo, en forma de acuíferos distribuidos por toda Africa, sendo máis importantes na conca que pertence ó que actualmente se coñece coma deserto do Sahara. Esta nova., de alcance mundial está recollida no diario ABC, La Voz de Galicia, na BBC, e o esudio original no Envirommental Research Letters onde calculan a magnitude da reserva de case dous millóns de metros cúbicos e a súa profundidade, en máis de 75 metros.
sábado, 14 de abril de 2012
O Estreito de Bering inflúe no clima mundial?
O cambio climático preocupa fóra das nosas fronteiras. A BBC publica un curioso reportaxe sobre a incidencia do Estreito de Bering no qyentamento global e a salinidadehttp://www.bbc.com/future/story/20120413-climate-control-switches/1 onde defende que un cambio na temperatura das augas ou o desxeo afectaría a todo o planeta.
miércoles, 11 de abril de 2012
Terremoto en Indonesia
A terra é inestable e está nun cambio constante. Isto se demostra en Indonesia, onde as pracas se atopan e provocan episodios como o do 2.004 ou o de hoxe, en que voltou a tremer. Nesta entrada de urxencia temos como recollen a nova os xornis El País , ABC, El mundo, La Voz de Galicia e El Correo Gallego
domingo, 8 de abril de 2012
Centrais eléctricas na Patagonia.
Unha vez mais a loita entre a natureza e o progreso cae do lado do progreso. Esta vez nun paradisíaco enclave da Patagonia de Chile van a se proxectar varias centrais apoiadas pola xustiza. Esto non tería nada de extrano se non fpor por dúas cousas: a primeira e que, segundo os ecoloxistas, trátase dun encrave único, e a segunda e que, o propio xuiz que o autorizou ten acción da compañía que vai construir a presa.
viernes, 6 de abril de 2012
Fragas do eume: A opinión dos que faltaban.
Todo parque natural ten propietarios dentro. Neste episodio do incendio, non se lles consultou para nada, a pesares de perder en moitos casos o seu principal sustento económico. Agora, despois do episodio, saen á rúa e non deixan de presentar algunhas actuacións con senso común. Sobre toso agora que hai que restauralas ó seu estado orixinal, e pode haber moitas tentacións e intereses comerciais.
Etiquetas:
A terra,
clima,
Erosión,
españa,
fragas do Eume,
Galicia.,
Incendios forestais,
Parques naturais,
rías,
ríos medio ambiente,
xeografía física
A orixe do yeso
Todos usamos o yeso algunha vez na nosa vida. Nas tizas da escola, nas cornixas das casas, cando nos rompemos algo nos enyesan a perna ou o brazo... pero non sabiamos a súa orixe. Ate hoxe, científicos españois descubriron a súa orixe e a da súa importancia da idea o feito de que fose portada da prestixiosa revista Science
jueves, 5 de abril de 2012
Fragas do eume:balancde de urxencia
Dous días despois: Os primeiros balances: Os políticos no consello da xunta e o do presidente da deputación da Coruña, propietaria do mosteiro de Caaveiro sobre o terreo. As incodencoas sobre a poboacción de murciélagos ,As especulacións sobre a orixe do incendio, e as dificultades sobre a elaboración dun plan de uso do espacios naturais, xa que de nada serve conservar se non se pode usar.
Etiquetas:
A terra,
clima,
Erosión,
españa,
física,
fragas do Eume,
Galicia.,
Incendios forestais,
Parques naturais,
rías,
ríos medio ambiente,
xeografía física
Fotos de Picasa
Neste enlace, algunhas fotos das fragas do Eume como testemuña do que eran antes do incendio, e algunhas da ría de Ferrol:
GB=
Fragas do eume loita por volver a ser como antes
O que se tiña que producir se produciu, por fin choveu. Despois de un mes sen chover, o incendio se apagou, aquí podemos ver os resultados.De momento, chove pouco e o debate se abre entre restaurar ou deixar facer. Parece ser que antes houbo unhas queimas, moi natural no mundo rural. E neste artigo da voz ediciónFerrol, unha escolma de fotos a vista de paxaro. Que é ben certo que non solo arden as fragas, a economía destas tres parroquias do concello da Capela, un dos poucos da provincia da Coruña con xestión sostible do bosque e con pastos ó ar libre, quedou seriamente danada, un exemplo aquí. Neste artigo do Xornal El Correo Gallego temos unha estimación de prazos. Nesta galeria de La Opinion A Coruna vemos algo do que hai. E nestes artigos a opinion da Xunta de Galicia ,a dos ecoloxistas, e para non ser menos, a batalla das cifrras que, nesta zona, por ser un canón e moi escarpada, sempre se presta a elo... porque non se fala claro e non se explica o que hai
Etiquetas:
A terra,
clima,
Erosión,
españa,
eume,
física,
fragas do Eume,
Galicia.,
Guadiana Seca,
Incendios forestais,
metereoloxía,
Parques naturais,
ríos medio ambiente,
xeografía física
Ubicación:
Mugardos, España
martes, 3 de abril de 2012
fragas do eume: A hora do balance
O día despois chega a hora do balance: No diario El País vemos, ademáis dun mapa coa superficie queimada, as reaccións e as manifestacións, unha proposta de reforestación e un informe sobre o mosteiro de caaveiro, unda das xoias da arquitectura do parque en ABC, a proposta dos ecoloxistas que queren unha rexeneración autónoma das fragas en El correo Gallego e as responsabilidades políticas en El Mundo
Fragas do eume despois do incendio
Agora que parece que xa deixou de arder, veñe o balnce de daños. Neste artigo vemos a singularidade da zona e as técnicas de restauración en mapas. Aquí fotos do que se queimou, de cómo eran na Voz de Galicia , tamén no diario El Correo Gallego . Neste vídeo de V televisión pola estrada de Ombre a Caaveiro vemos as consecuencias.Neste artigo de El País nos fala da riqueza natural de Galicia e aquí temos as fotos da xente sobre as Fragas do eume que constitúen o noso imaxinario, e un artigo de Cesar Antonio molina que resume o que moitos pensamos desta zona.
Entre a diversa opinión unha pequena escolma: Carlos Agulló, delegado de La Voz en Ferrol fai un repaso das orixes e as consecuencias en clave de país. Carlos Vales explica a importancia en clave biolóxica e xeográfic, e Pablo Ramil intenta explicar as razóns da existencia do mosteiro de Caaveiro
Entre a diversa opinión unha pequena escolma: Carlos Agulló, delegado de La Voz en Ferrol fai un repaso das orixes e as consecuencias en clave de país. Carlos Vales explica a importancia en clave biolóxica e xeográfic, e Pablo Ramil intenta explicar as razóns da existencia do mosteiro de Caaveiro
Etiquetas:
A terra,
Erosión,
españa,
eume,
física,
galicia,
Galicia.,
Incerndios forestais,
metereoloxía,
Parques nacionais,
ríos,
ríos medio ambiente,
xeografía física
domingo, 1 de abril de 2012
Fragas do eume
Os incendios, unha praga recorrente en Galicia están a asolar un dos deradeiros bosques atlánticos que quedan en Galicia, polo momento só na parte alta do canón entre A Capela e Monfero . Máis alá das causas económicas, que as hai, das climatolóxicas, que as hai, para o fututro quedan estas galerías do que foi e o que se queimou, ou se está a queimar. Neste artigo de El correo Gallego vemos algo da riqueza faunística. Aquí temos unha reflexión sobre a evolución paisaxística da bisbarra Ferrol- As Pontes, sobre todo da mina. E xa para rematar, este artigo do xornal El mundo entre a lenda e a realidade
Etiquetas:
A terra,
clima,
Erosión,
eume,
fragas do Eume,
Galicia. Concellos,
Guadiana Seca,
Incerndios forestais,
metereoloxía,
Parques nacionais,
ríos,
ríos medio ambiente,
xeografía física
o guadiana abre os ollos.
De pequenos sempre estudiamos que o río Guadiana tiña unha parte subterránea e saía polos ollos. A seca deixounos sen auga ate agora que voltou a recuperar a súa saída natural, que non a seca pode olvidar. a auga sempre sae polos seus cauces históricos
viernes, 16 de marzo de 2012
o Ronsel das fusións.
Seica todos estaban a agardar. Unha vez que alguen dá o paso, algún séguenlle. Santiago e Boqueixón, cunha fusión desigual, Santiago non acada os 100.000 habitantes e Boqueixón non gaña nada.Máis ben, os seus habitantes, ó subir de categoría pagarán máis impostos, e os concelleiros de Boqueixón todos á rúa porque o número de concelleiros é o mesmo. E o xornal La voz de Galicia leva unha curiosa nova sobre os concellos que se poderían fusionar. en fín, que vai para largo.
martes, 13 de marzo de 2012
A primeira fusión en Galicia.
Despois de moito falar sobre a necesidade de fusións, xa temos aquí a primeira: Oza dos Ríos e Cesuras, entre os dos dan 5.500 habitantes, o que faría un concello de tipo pequeno para o caso de Galicia. Se trata de dous municipios da bisbarra de Betanzos, que comparten servicios e que buscan a eficiencia, segundo vemos na nova da edición coruñesa de La Voz de Galicia . con eses datos, en Galicia segundo lemos no xornal El correo Gallego darían 95 concellos fusionados, dando máis de 200 concellos en Galicia coa salvedade de que perderían peso ó se unir a un concello grande ós máis deles, e que a Unión Europea no caso de Grecia e Portugal, "recomenda" un mínimo de 50.000 habitantes. Será un brinde ó Sol ou outros seguirán
lunes, 12 de marzo de 2012
sábado, 10 de marzo de 2012
O Tsunami de Xapón. Aniversario
Cando se cumple un ano, coñecemos novos datos que complementan o que xa se sabía. Temos aquí cómo se forma un tsunami, có vídeo recompilatorio, cómo soa un terremoto, que é o que orixina o tsunami, e unha fiestra á esperanza. Tamén nesto hai diferencias sociais e económicas. Se Thaithi non se deu reconstruido despois de varios anos, en Xapón vemos o primeiro mundo com o fai futuro hoxe, nesta reportaxe do diario El País
Tormenta solar
Que o sistema solar está en movemento todos o sabemos. Basta mirar ó ceo para comprobalo. O que non poidemos ver ata agora é a tormenta solar. Polo momento van 13 laparadas algunhas orientadas cara a terra. Aquí temos un exemploDe momento, solo trastornos para as telecomunicaciós. Aquí outra visión de El País
volcán submarina
Que hai vida debaixo do mar o sabemos dende sempre. O que, ate o de agora non poidemos ver é creación dunha nova illa, como estivo a piques de suceder nas Canarias. O volcán ésta vez parou a menos de 100 metros, esperando para a vindeira... Toda unha lección de xeolocía e xeografía dinate dos nosos ollos.
miércoles, 7 de marzo de 2012
O titanic,100 anos
O Titanic forma parte do maxín colectivo. Non se podía afundir, e se afundiu. Foi a velocidade e a irresponsabilidade do capitán? Todo o mundo investigou as razóns polas que pasóu. Un grupo de científicos achou unha explicación lunar a eso. será acausa definitiva? Racharemos coa lembranza da película? Aquí está a hipótese.
A primeira fusión?
MNeste país de minifundios, onde hai máis concellos que en moitos países da unión, dous pequenos concellos da Mariña, Alfoz e Valadouro de menos de 5.000 habitantes cada un veñen de dar o primeiro paso. Pero, qué sucede cando os veciños non queren, debe de se lles impór a fusión ou simplemente deixala ainda que sexa o único camiño. Nesta nocva de El País fálase dos estudios para a fusión
domingo, 4 de marzo de 2012
Fusión municipal en Galicia?
Galicia é o reino do minifundismo, minifundismo na terra, nas empresas que poucas hai con máis de 100 empregados, ate fai pouco financieiro... e municipal. Ate o de agora 315 concellos e, nalgúns como é o caso das grandes cidades, non se precibe o límite entre uns e outros. O lóxico é unir as forzas, sobre todo cado cun simple cruce de beirarrúa ou glorietas coma a da foto do enlace podes estar noutro concello con mellores precios, mellor calidade de vida. Unha tendencia europea é concentrar servicios comúns para aforrar. Será este exemplo de Ferrol- Narón pioneiro en Galicia como foi no seu día a creación da mancomunidade?
O Perito Moreno
Os glaciares son a testemuña da evolución da terra, ademáis dunha das meirandes reservas de auga. Ainda que os máis coñecidos por nós son os do Polo norte, çeste é todo un espectáculo. Na Patagonia, o Perito Moreno racha todos os anos pola presión das augas temperadas ou quentes. Poderemos discutir si é polo cambio climático ou non, o que é certo é que temos unha visión directa do que pasaría a gran escala se o Polo Norte se desxeara.
Homes e monos, canta diferencia?
Sempre se dí que o home e o mono comparten case todos os xenes e os coñecementos. Por elo, estudiar as diferencias se converteu nuha obsesión, sobrr todo para averiguar cómo veu a fal, a posición erguida e a intelixencia. Este estudio intrnacional, coa colaboración de equipas de Francia, Reiuno Unido e Estados Unidos publicado na prestixiosa revista Science, trata de establecer unha relación entre os nenos pequenos e os monos, e quere contribuir a arroxar un pouco máis de luz.
sábado, 3 de marzo de 2012
Nova York tiña bosques
A liña de costa vai cambiando ó longo do tempo e, zonas que agora están ocupadas por outras cousas, no pasado podían estar cheas de auga ou de árbores. Este exemplo de bosque en Nova York o explica
A configuración da terra
De sempre, a hipótese da colonización de América dou que falar. Todo o mundo sabe que segundo a versión oficial, o home aproveitou o xeo que cubría o estfreito de Bering para pasar a América. Pero, E si o actual Océano Atlántico estivese xeado e poidesen camiñar ata as costas de América? Esta é a hipótese que nos presentan para discutir, no diario ABC
jueves, 16 de febrero de 2012
A glaciación
o clima está a cambiar e de sempre se sucederon etapas frías e cálidas. É certo que a man do home está a precipitalo. Eso fai que cada día teñamos máis estudios desto. Neste artigo, se poden ver algúns sobre as glaciacións con resultados cando menos interesantes
martes, 14 de febrero de 2012
o futuro dos cascos históricos
un dos debates máis interesantes é qué facer cós cascos históricos e cómo recuperalos. Este artigo plantexa moi ben esas disyuntivas
domingo, 29 de enero de 2012
Tormentas solares
O sol, de cando en vez, deixa estas fermosas imaxes das tormentas solares. Para rematar de entendelas, este artigo do ABC é moi divulgativo
Estamso menos sós?
Sempre se dí que as ciencias coma a humanidade evolucionan. eiquí temos a proba. O telescopio Kepler descubriú unha manchea de planetas e dous novos sistemas solares, o que non significa que teñana condicións para a vida, pero, a lo menos mentres non se investigan, que non as teñan. De m omento xa temos millóns de planetas, ate que se actualice a lista
A penúltima foro da terra
Sempre nos abnduvimos a preguntar qué era o que nos unía e nos separaba dos demáis. Nesta curiosa foto da Nasa froito do avance científico vemos os contrastes do noso cada vez menos azul planeta
Suscribirse a:
Entradas (Atom)