viernes, 16 de marzo de 2012

o Ronsel das fusións.

Seica todos estaban a agardar. Unha vez que alguen dá o paso, algún séguenlle. Santiago e Boqueixón, cunha fusión desigual, Santiago non acada os 100.000 habitantes e Boqueixón non gaña nada.Máis ben, os seus habitantes, ó subir de categoría pagarán máis impostos, e os concelleiros de Boqueixón todos á rúa porque o número de concelleiros é  o mesmo. E o xornal  La voz de Galicia leva unha curiosa nova sobre os concellos que se poderían fusionar. en fín, que vai para largo.

martes, 13 de marzo de 2012

A primeira fusión en Galicia.

Despois de moito falar sobre a necesidade de fusións, xa temos aquí a primeira: Oza dos Ríos e Cesuras, entre os dos dan 5.500 habitantes, o que faría un concello de tipo pequeno para o caso de Galicia. Se trata de dous municipios da bisbarra de Betanzos, que comparten servicios e que buscan a eficiencia, segundo vemos na nova da edición coruñesa de La Voz de Galicia . con eses datos, en Galicia segundo lemos no xornal El correo Gallego darían 95 concellos fusionados, dando máis de 200 concellos en Galicia  coa salvedade de que perderían peso ó se unir a un concello grande ós máis deles, e que a Unión Europea no caso de Grecia e Portugal, "recomenda" un mínimo de 50.000 habitantes. Será un brinde ó Sol ou outros seguirán

sábado, 10 de marzo de 2012

O Tsunami de Xapón. Aniversario

Cando se cumple un ano, coñecemos novos datos que complementan o que xa se sabía. Temos aquí cómo se forma un tsunami, có vídeo recompilatorio, cómo soa un  terremoto, que é o que orixina o tsunami, e unha fiestra á esperanza. Tamén nesto hai diferencias sociais e económicas. Se Thaithi non se deu reconstruido despois de varios anos, en Xapón vemos o primeiro mundo com o fai futuro  hoxe, nesta reportaxe do diario El País

Tormenta solar

Que o sistema solar está en movemento todos o sabemos. Basta mirar ó ceo para comprobalo. O que non poidemos ver ata agora é a tormenta solar. Polo momento van 13 laparadas  algunhas orientadas cara a terra.  Aquí temos un exemploDe momento, solo trastornos para as telecomunicaciós. Aquí outra visión de El País

volcán submarina

Que hai vida debaixo do mar o sabemos dende sempre. O que, ate o de agora non poidemos ver é creación dunha nova illa, como estivo a piques de suceder nas Canarias. O volcán ésta vez parou a menos de 100 metros, esperando para a vindeira... Toda unha lección de xeolocía e xeografía dinate dos nosos ollos.

miércoles, 7 de marzo de 2012

O titanic,100 anos

O Titanic forma parte do maxín colectivo. Non se podía afundir, e se afundiu. Foi a velocidade e a irresponsabilidade do capitán?  Todo o mundo investigou as razóns polas que pasóu. Un grupo de científicos achou unha explicación lunar a eso. será acausa definitiva? Racharemos coa lembranza da película? Aquí está a hipótese.

A primeira fusión?

MNeste país de minifundios, onde hai máis concellos que en moitos países da unión, dous pequenos concellos da Mariña, Alfoz e Valadouro de menos de 5.000 habitantes cada un veñen de dar o primeiro paso. Pero, qué sucede cando os veciños non queren, debe de se lles impór a fusión ou simplemente deixala ainda que sexa o único camiño. Nesta nocva de El País fálase dos estudios para a fusión

domingo, 4 de marzo de 2012

Fusión municipal en Galicia?

Galicia é o reino do minifundismo, minifundismo na terra, nas empresas que poucas hai con máis de 100 empregados, ate fai pouco financieiro... e municipal. Ate o de agora 315 concellos e, nalgúns como é o caso das grandes cidades, non se precibe o límite entre uns e outros. O lóxico é unir as forzas, sobre todo cado cun simple cruce de beirarrúa  ou glorietas coma a da foto do enlace podes estar noutro concello con mellores precios, mellor calidade de vida. Unha tendencia europea é concentrar servicios comúns para aforrar. Será este exemplo de Ferrol- Narón pioneiro en Galicia como foi no seu día a creación da mancomunidade?

O Perito Moreno

Os glaciares son a testemuña da evolución da terra, ademáis dunha das meirandes reservas de auga. Ainda que os máis coñecidos por nós son os do Polo norte, çeste é todo un espectáculo. Na Patagonia, o Perito Moreno racha todos os anos pola presión das augas temperadas ou quentes. Poderemos discutir si é polo cambio climático ou non, o que é certo é que temos unha visión directa do que pasaría a gran escala se o Polo Norte se desxeara.

Homes e monos, canta diferencia?

Sempre se dí que o home e o mono comparten case todos os xenes e os coñecementos. Por elo, estudiar as diferencias se converteu nuha obsesión, sobrr todo para averiguar cómo veu a fal, a posición erguida e a intelixencia. Este estudio  intrnacional, coa colaboración de equipas de Francia, Reiuno Unido e Estados Unidos publicado na prestixiosa revista Science, trata de establecer unha relación entre os nenos pequenos e os monos,  e quere contribuir a arroxar un pouco máis de luz.

sábado, 3 de marzo de 2012

Nova York tiña bosques

A liña de costa vai cambiando ó longo do tempo e, zonas que agora están ocupadas por outras cousas, no pasado podían estar cheas de auga ou  de árbores. Este exemplo de bosque en Nova York o explica 

A configuración da terra

De sempre, a hipótese da colonización de América dou que falar. Todo o mundo sabe que segundo a versión oficial, o home aproveitou o xeo que cubría o estfreito de Bering para pasar a América. Pero, E si o actual Océano Atlántico estivese xeado e poidesen camiñar ata as costas de América? Esta é a hipótese que nos presentan para discutir, no diario ABC