miércoles, 25 de abril de 2012

A cicloxénese Petra

Hoxe Galicia e o Norte de España veu de ter a derradeira ate hoxe, cicloxénese, un fenómeno, que se da cando a poresión descedende de súpeto e moi pronto. Ainda que pareza mentira, está a se convertir en habitual, aquí vemos a historia das últimas en Galicia

martes, 24 de abril de 2012

o funcionamento do Jet Stream

A parte norte de España en xeral e Galicia en particular alterna días de chuvia e de seca, o ciulpable é o jes stream a coreente responsabel de que chova ou se alternen períodos de seca como ate fai pouco. Neste video podemos ver como funciona

sábado, 21 de abril de 2012

O Sahara, a maior reserva subterránea de auga.

A terra nunca foi como agora a coñecemos. Hai millóns de anos na zona de Sahara había auga con lagos, vexetación de sabana e animais que; , e coa evolución se quedou en deserto. Pero, fai 5.000 anos, quedaron reservas de auga suficientes para abastecer a toda Africa, como síntoma do pasado que algún día fo, en forma de acuíferos distribuidos por toda Africa, sendo máis importantes na conca que pertence ó que actualmente se coñece coma deserto do Sahara. Esta nova., de alcance mundial está recollida no diario ABC, La Voz de Galicia, na BBC,  e o esudio original no Envirommental Research Letters onde calculan a magnitude da reserva de case dous millóns de metros cúbicos  e a súa profundidade, en máis de 75 metros.

sábado, 14 de abril de 2012

O Estreito de Bering inflúe no clima mundial?

O cambio climático preocupa fóra das nosas fronteiras. A BBC publica un curioso reportaxe sobre a incidencia do Estreito de Bering no qyentamento global e a salinidadehttp://www.bbc.com/future/story/20120413-climate-control-switches/1 onde defende que un cambio na temperatura das augas ou o desxeo afectaría a todo o planeta.

miércoles, 11 de abril de 2012

Terremoto en Indonesia

A terra é inestable e está nun cambio constante. Isto se demostra en Indonesia, onde as pracas se atopan e provocan episodios como o do 2.004 ou o de hoxe, en que voltou a tremer. Nesta entrada de urxencia temos como recollen a nova os xornis El País , ABC, El mundo, La Voz de Galicia e El Correo Gallego

domingo, 8 de abril de 2012

Centrais eléctricas na Patagonia.

Unha vez mais a loita entre a natureza e o progreso cae do lado do progreso. Esta vez nun paradisíaco enclave da Patagonia de Chile van a se proxectar varias centrais apoiadas pola xustiza. Esto non tería nada de extrano se non fpor por dúas cousas: a primeira e que, segundo os ecoloxistas, trátase dun encrave único, e a segunda e que, o propio xuiz que o autorizou ten acción da compañía que vai  construir a presa.

viernes, 6 de abril de 2012

Fragas do eume: A opinión dos que faltaban.

Todo parque natural ten propietarios dentro. Neste episodio do incendio, non se lles consultou para nada, a pesares de perder en moitos casos o seu principal sustento económico. Agora, despois do episodio, saen á rúa e non deixan de presentar algunhas actuacións con senso común. Sobre toso agora que hai que restauralas ó seu estado orixinal, e pode haber moitas tentacións e intereses comerciais.

A orixe do yeso

Todos usamos o yeso algunha vez na nosa vida. Nas tizas da escola, nas cornixas das casas, cando nos rompemos algo nos enyesan a perna ou o brazo... pero non sabiamos a súa orixe. Ate hoxe, científicos españois descubriron a súa orixe e a da súa importancia da idea o feito de que fose portada da prestixiosa revista Science

jueves, 5 de abril de 2012

Fragas do eume:balancde de urxencia

Dous días despois: Os primeiros balances: Os políticos no consello da xunta e o do presidente da deputación da Coruña, propietaria do mosteiro de Caaveiro sobre o terreo. As incodencoas sobre a poboacción de murciélagos ,As especulacións sobre a orixe do incendio, e as dificultades sobre a elaboración dun plan de uso  do espacios naturais, xa que de nada serve conservar se non se pode usar.

Fotos de Picasa

Neste enlace, algunhas fotos das fragas do Eume como testemuña do que eran antes do incendio, e algunhas da ría de Ferrol: GB=

Fragas do eume loita por volver a ser como antes

O que se tiña que producir se produciu, por fin choveu. Despois de un mes sen chover, o incendio se apagou, aquí podemos ver os resultados.De momento, chove pouco e o debate se abre entre restaurar ou deixar facer. Parece ser que antes houbo unhas queimas, moi natural no mundo rural. E neste artigo da voz ediciónFerrol, unha escolma de fotos a vista de paxaro. Que é ben certo que non solo arden as fragas, a economía destas tres parroquias do  concello da Capela, un dos poucos da provincia da Coruña con xestión sostible do bosque e con pastos ó ar libre, quedou seriamente danada, un exemplo aquí. Neste artigo do Xornal El Correo Gallego temos unha estimación de prazos. Nesta galeria de La Opinion A Coruna vemos algo do que hai. E nestes artigos a opinion da Xunta de Galicia ,a dos ecoloxistas, e para non ser menos, a batalla das cifrras que, nesta zona, por ser un canón e moi escarpada, sempre se presta a elo... porque non se fala claro e non se explica o que hai

martes, 3 de abril de 2012

fragas do eume: A hora do balance

O día despois chega a hora do balance: No diario El País vemos, ademáis dun mapa coa superficie queimada, as reaccións e as manifestacións, unha proposta de reforestación e un informe sobre o mosteiro de caaveiro, unda das xoias da arquitectura do parque en ABC, a proposta dos ecoloxistas que queren unha rexeneración autónoma das fragas en El correo Gallego  e as responsabilidades políticas en El Mundo

Fragas do eume despois do incendio

Agora que parece que xa deixou de arder, veñe o balnce de daños. Neste artigo vemos a singularidade da zona e as técnicas de restauración en mapas. Aquí fotos do que se queimou, de cómo eran  na Voz de Galicia , tamén no  diario El Correo Gallego . Neste vídeo de V televisión pola estrada de Ombre a Caaveiro vemos as consecuencias.Neste artigo de El País nos fala da riqueza natural de Galicia e aquí temos as fotos da xente sobre as Fragas do eume que constitúen o noso imaxinario, e un artigo de Cesar Antonio molina que resume o que moitos pensamos desta zona.
Entre a diversa opinión unha pequena escolma: Carlos Agulló, delegado de La Voz en Ferrol fai un repaso das orixes e as consecuencias en clave de país. Carlos Vales explica a importancia en clave biolóxica e xeográfic, e Pablo Ramil intenta explicar as razóns da existencia do mosteiro de Caaveiro





domingo, 1 de abril de 2012

Fragas do eume

Os incendios, unha praga recorrente en Galicia están  a asolar un dos deradeiros bosques atlánticos que quedan en Galicia, polo momento só na parte alta do canón entre A Capela e Monfero . Máis alá das causas económicas, que as hai, das climatolóxicas, que as hai, para o fututro quedan estas galerías do que foi e o que se queimou, ou se está a queimar. Neste artigo  de El correo Gallego vemos algo da riqueza faunística. Aquí temos unha reflexión sobre a evolución paisaxística da bisbarra Ferrol- As Pontes, sobre todo da mina. E xa para rematar, este artigo do xornal El mundo entre a lenda e a realidade

o guadiana abre os ollos.

De pequenos sempre estudiamos que o río Guadiana tiña unha parte subterránea e saía polos ollos. A seca deixounos sen auga ate agora que voltou a recuperar a súa saída natural, que non a seca pode olvidar. a auga sempre sae polos seus cauces históricos