jueves, 17 de mayo de 2012

O lago das Pontes

A que foi unha das maiores minas a ceo aberto de España, a de  As pontes, finalizou a súa etapa e, despois de encher o oco con auga, onte se ignauguróu o que será o maior lago de España, e un exemplo de recuperación de espacios. Os que vivimos cerca da mina todavía lembramos como se desviaba a estrada  e se ocupaban as terras  para explotar o lignito Agora, é o tempo sos usos e da súa definición e conservación.  Lóxicamente os xornais galegos levan a nova en espacios preferentes. Unha escolma : El correo Gallego, con vídeos, La voz, cunha vista da central e o lago, a publicada en La Opinión A Coruña, que conta a historia da mina e o lago, tamén con fotos que permiten ver o proceso, mesmo de enchemento do lago. E  o vídeo de V Televisión onde vemos cómo era a mina antes, e os usos que se lle queren dar. Na prensa madrileña, en ABC  , o principio alá polo 2.004,  e o final do proceso.

domingo, 6 de mayo de 2012

Fragas do eume: un mes despois.

Despois do incendio e a época das choivas, que supostamente axudan a rexenerar a zona calcinada, se non son fortes, chega a hora do balanzo. Hoxe, os xornais galego fan  recapitulacións.O Diario de Ferrol, o máis próximo ás fragas, estudia o estado do Plan de Xestión. E La voz de Galicia trae este vídeo de V televisión temos as opinións dos veciños, ás veces os grandes perxudicados