lunes, 24 de diciembre de 2012

O volcán copahue en erupción

O volcán Copahue, na rexión do Bio Bio(Chile) en plena  cordilleira dos Andes limitando con Arxentina  entróu en erupción. A zona, turística,evacúa á xente . A nova no xornal El deber.  Xa hai un vídeo da erupción que amosa a zona. Hoxe, 25  de decembro, os xornais da zona veñen  de novas:  o portal prensalibre  , no xornal Clarin  , La Nación  en Arxentina, e en chile, xa que o volcán está nunha zona limítrofe cós dous países, La Tercera. En Europa,  a BBC e xornais como La Voz de Galicia publican a nova

domingo, 23 de diciembre de 2012

O Hubble descubre a galaxia máis antiga..ate hoxe

O telescopio Hubble segue a dar sorpresas, agora nunhas fotos vemos a galaxia máis antiga  e lonxana . A edade da galaxia é de 13.300 millóns de anos.

domingo, 16 de diciembre de 2012

Un gran río en Titán

Titán, a  lúa de Saturno grada equenas sorpresas no interior. Unha delas, descuberta polos científicos da misión Cassini  é este río que desemboca nun gran mar que existe  na cara Norte da lúa

miércoles, 5 de diciembre de 2012

domingo, 2 de diciembre de 2012

Auga xeada en Mercurio

As investigacións no Sistema solar non cesa. Agora  tócalle o turno á sonda Messenger  da NASA que atopóu , na búsqueda de novas formas de vida, auga xeada en Mercurio. O xornal ABC tamén recolle a nova

O Cañón do Colorado é máis antigo?

A ciencia atopa novas evidencias e, de vez en cando, discute. O Cañón do colorado, un dos símbolos dos Estados Unidos de América seica tén 64 millóns de anos máis,ate os 70 millóns,  segundo un estudio publicado na revista Science . Á espera de novos datos que o confirmen, toda a información aquí.