martes, 30 de noviembre de 2010

lunes, 29 de noviembre de 2010

a terra dende o universo

Ás veces nos preguntamos cómo se vería a terra dende fora. Só algúns privilexiados poden facelo e nos envían estas imaxes para que nos fagamos unha idea do vulnerable do planeta. Non convén esquecelo, sobre todo hoxe que comeza en Cancún un novo cumio do planeta. Se queres, podes conectar con él vía twiter e dar a túa impresión.

explozión interestelar

Aquí temos unha forma moi boa de producir luz e a proba de que o universo está en constante cambio e que nada permanece. As galaxias, de vez en cando, tamén se expanden, e ocupan o espacio doutras ou, simplemente, as absorben

domingo, 28 de noviembre de 2010

sábado, 20 de noviembre de 2010

os riscos da caliza

Cando hai rocha caliza hai que ter moito cuidado, a superficie é moi inestabel e poden xurdir sorpresas como esta que amosa o diario La Voz de Galicia, producida polo afundimento de terreo, quizáis pola acumulación de moitas chuvias ou ben un río subterráneo como pensa Vidal Romaní. A Magnitude da foto dá idea da fraxilidade da caliza

Novo sistema solar

Agora que estamos a estudar o sistema solar, e aparecen e desaparecen planetas, temos aquí un novo invitado que nos demostra que a evolución é constante e nada para. Un planeta parecido á terra, que ven doutra galaxia e que anda a pasear a ver onde se queda.

viernes, 19 de noviembre de 2010

El Puerto exterior de Ferrol

Esta imaxe, obtida dende a Punta do Segaño, no extremo da ría de Ares, mostra o sin sentido do porto exterior de Ferrol. O recheo que se fai na ría e o corte que se lle fai o monte alterará substancilmente a dinámica mariña, e xuntó có espigón pode significar cambios na configuración da costa. A auga da ría tardará máis en se renovar e as praias das proximidades, como Chanteiro verán diminuida a area.

Por que Caldoval?


Caldoval é o nome dunha antiga vila romana, que estaba na costa da ría de Ferrol preto da de Noville e que hoxe, desafortunadamente, está gardada numerada nalgún almacén á espera de que os políticos de Mugardos e a empresa Reganosa acorden reconstruila. Eso sería todo un detalle xa que a empresa arrasou con el para construir unha planta regasificadora. Podemos discutir a oportunidade da intervención, pero polo menos debían de reconstruila. De eso van xa sete anos... seguimos á espera. Na foto que acompaña esta primeira entrada podedes ver o recheo da planta de gas, todavía en construcción.Eu penso que a mellor homenaxe que se lle pode facer a esta vila tan maltratada é unha escolma de recursos para o seu uso nas clases de xeografía, ás que, por outra banda, está moi unida, xa que amáis de destruir a villa romana, temos un "bonito" recheo na ría de Ferrol, a máis contaminada de todas as rías galegas.