viernes, 19 de noviembre de 2010

Por que Caldoval?


Caldoval é o nome dunha antiga vila romana, que estaba na costa da ría de Ferrol preto da de Noville e que hoxe, desafortunadamente, está gardada numerada nalgún almacén á espera de que os políticos de Mugardos e a empresa Reganosa acorden reconstruila. Eso sería todo un detalle xa que a empresa arrasou con el para construir unha planta regasificadora. Podemos discutir a oportunidade da intervención, pero polo menos debían de reconstruila. De eso van xa sete anos... seguimos á espera. Na foto que acompaña esta primeira entrada podedes ver o recheo da planta de gas, todavía en construcción.Eu penso que a mellor homenaxe que se lle pode facer a esta vila tan maltratada é unha escolma de recursos para o seu uso nas clases de xeografía, ás que, por outra banda, está moi unida, xa que amáis de destruir a villa romana, temos un "bonito" recheo na ría de Ferrol, a máis contaminada de todas as rías galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario