Prácticas de xeografía aplicadas a Galicia. Se son de utilidade, podes ir a www.slidesharenet, rexistrarte e descargalas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Concellos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Concellos. Mostrar todas las entradas
jueves, 17 de mayo de 2012
O lago das Pontes
A que foi unha das maiores minas a ceo aberto de España, a de As pontes, finalizou a súa etapa e, despois de encher o oco con auga, onte se ignauguróu o que será o maior lago de España, e un exemplo de recuperación de espacios. Os que vivimos cerca da mina todavía lembramos como se desviaba a estrada e se ocupaban as terras para explotar o lignito Agora, é o tempo sos usos e da súa definición e conservación. Lóxicamente os xornais galegos levan a nova en espacios preferentes. Unha escolma : El correo Gallego, con vídeos, La voz, cunha vista da central e o lago, a publicada en La Opinión A Coruña, que conta a historia da mina e o lago, tamén con fotos que permiten ver o proceso, mesmo de enchemento do lago. E o vídeo de V Televisión onde vemos cómo era a mina antes, e os usos que se lle queren dar. Na prensa madrileña, en ABC , o principio alá polo 2.004, e o final do proceso.
domingo, 6 de mayo de 2012
Fragas do eume: un mes despois.
Despois do incendio e a época das choivas, que supostamente axudan a rexenerar a zona calcinada, se non son fortes, chega a hora do balanzo. Hoxe, os xornais galego fan recapitulacións.O Diario de Ferrol, o máis próximo ás fragas, estudia o estado do Plan de Xestión. E La voz de Galicia trae este vídeo de V televisión temos as opinións dos veciños, ás veces os grandes perxudicados
domingo, 1 de abril de 2012
Fragas do eume
Os incendios, unha praga recorrente en Galicia están a asolar un dos deradeiros bosques atlánticos que quedan en Galicia, polo momento só na parte alta do canón entre A Capela e Monfero . Máis alá das causas económicas, que as hai, das climatolóxicas, que as hai, para o fututro quedan estas galerías do que foi e o que se queimou, ou se está a queimar. Neste artigo de El correo Gallego vemos algo da riqueza faunística. Aquí temos unha reflexión sobre a evolución paisaxística da bisbarra Ferrol- As Pontes, sobre todo da mina. E xa para rematar, este artigo do xornal El mundo entre a lenda e a realidade
Etiquetas:
A terra,
clima,
Erosión,
eume,
fragas do Eume,
Galicia. Concellos,
Guadiana Seca,
Incerndios forestais,
metereoloxía,
Parques nacionais,
ríos,
ríos medio ambiente,
xeografía física
viernes, 16 de marzo de 2012
o Ronsel das fusións.
Seica todos estaban a agardar. Unha vez que alguen dá o paso, algún séguenlle. Santiago e Boqueixón, cunha fusión desigual, Santiago non acada os 100.000 habitantes e Boqueixón non gaña nada.Máis ben, os seus habitantes, ó subir de categoría pagarán máis impostos, e os concelleiros de Boqueixón todos á rúa porque o número de concelleiros é o mesmo. E o xornal La voz de Galicia leva unha curiosa nova sobre os concellos que se poderían fusionar. en fín, que vai para largo.
martes, 13 de marzo de 2012
A primeira fusión en Galicia.
Despois de moito falar sobre a necesidade de fusións, xa temos aquí a primeira: Oza dos Ríos e Cesuras, entre os dos dan 5.500 habitantes, o que faría un concello de tipo pequeno para o caso de Galicia. Se trata de dous municipios da bisbarra de Betanzos, que comparten servicios e que buscan a eficiencia, segundo vemos na nova da edición coruñesa de La Voz de Galicia . con eses datos, en Galicia segundo lemos no xornal El correo Gallego darían 95 concellos fusionados, dando máis de 200 concellos en Galicia coa salvedade de que perderían peso ó se unir a un concello grande ós máis deles, e que a Unión Europea no caso de Grecia e Portugal, "recomenda" un mínimo de 50.000 habitantes. Será un brinde ó Sol ou outros seguirán
lunes, 12 de marzo de 2012
miércoles, 7 de marzo de 2012
A primeira fusión?
MNeste país de minifundios, onde hai máis concellos que en moitos países da unión, dous pequenos concellos da Mariña, Alfoz e Valadouro de menos de 5.000 habitantes cada un veñen de dar o primeiro paso. Pero, qué sucede cando os veciños non queren, debe de se lles impór a fusión ou simplemente deixala ainda que sexa o único camiño. Nesta nocva de El País fálase dos estudios para a fusión
domingo, 4 de marzo de 2012
Fusión municipal en Galicia?
Galicia é o reino do minifundismo, minifundismo na terra, nas empresas que poucas hai con máis de 100 empregados, ate fai pouco financieiro... e municipal. Ate o de agora 315 concellos e, nalgúns como é o caso das grandes cidades, non se precibe o límite entre uns e outros. O lóxico é unir as forzas, sobre todo cado cun simple cruce de beirarrúa ou glorietas coma a da foto do enlace podes estar noutro concello con mellores precios, mellor calidade de vida. Unha tendencia europea é concentrar servicios comúns para aforrar. Será este exemplo de Ferrol- Narón pioneiro en Galicia como foi no seu día a creación da mancomunidade?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)