martes, 30 de noviembre de 2010

lunes, 29 de noviembre de 2010

a terra dende o universo

Ás veces nos preguntamos cómo se vería a terra dende fora. Só algúns privilexiados poden facelo e nos envían estas imaxes para que nos fagamos unha idea do vulnerable do planeta. Non convén esquecelo, sobre todo hoxe que comeza en Cancún un novo cumio do planeta. Se queres, podes conectar con él vía twiter e dar a túa impresión.

explozión interestelar

Aquí temos unha forma moi boa de producir luz e a proba de que o universo está en constante cambio e que nada permanece. As galaxias, de vez en cando, tamén se expanden, e ocupan o espacio doutras ou, simplemente, as absorben

domingo, 28 de noviembre de 2010

sábado, 20 de noviembre de 2010

os riscos da caliza

Cando hai rocha caliza hai que ter moito cuidado, a superficie é moi inestabel e poden xurdir sorpresas como esta que amosa o diario La Voz de Galicia, producida polo afundimento de terreo, quizáis pola acumulación de moitas chuvias ou ben un río subterráneo como pensa Vidal Romaní. A Magnitude da foto dá idea da fraxilidade da caliza

Novo sistema solar

Agora que estamos a estudar o sistema solar, e aparecen e desaparecen planetas, temos aquí un novo invitado que nos demostra que a evolución é constante e nada para. Un planeta parecido á terra, que ven doutra galaxia e que anda a pasear a ver onde se queda.